Eco Casa Lema II

Inicio | Eco Casa Lema II

Dámoslle a benvida a Eco Casa Lema II, un novo aloxamento de Casa de Lema baseado no ecoturismo e no movemento slow, onde só empregamos produtos naturais e de proximidade. 

Situado en Morpeguite a tan só 50 m da nosa casa, Eco Casa Lema II é un edificio do ano 1920, recentemente restaurado, seguindo a nosa filosofía sostible, conservando a arquitectura e a historia da nosa terra.

A casa consta de catro habitacións dobres superiores, todas elas con terraza, perfectamente equipadas con TV Smart de led, baños privados, chan de madeira ,etc…

Servizos:

  • Recepción e salón recibidor.
  • Cociña típica.
  • Lareira.
  • Salón comedor.
  • Xardín e aparcadoiro propio.
  • Servizo de recollida gratuíta de peregrinos do Camiño de Santiago.

Morpeguite. 15124 - Muxía (A Coruña). Teléfono: 981 72 98 13 - 628 00 00 68. E-mail: info@casadelema.com. Rexistro: H-CO-002064 | Aviso legal