Dámoslle a benvida a CASA DE LEMA, unha antiga casa de labranza do ano 1920, antigamente chamada “Casa do Cardedeiro”, destacaba pola súa adega e coñecida como lugar de xuntanza de veciños e comerciantes madeireiros.
Casa de Lema está situada en Morpeguite, unha aldea rural da vila mariñeira de Muxía, en pleno corazón da “Costa da Morte”.
Está a 2 km do Camiño de Santiago a Muxía, o único aloxamento de turismo rural neste tramo do camiño cara a Muxía.
Recentemente rehabilitada con sensibilidade e elegancia, respetando a estrutura, historia e tradición, en perfecta harmonía co contorno e respeto polo medioambiente, convertida nun aloxamento rural con encanto, combinando a máxima calidade e confort, co fin de ofrecerlle aos nosos hóspedes unha experiencia única e inesquecible.
Poñemos á súa disposición 400 m de zonas comúns, entre as que destacamos:
Morpeguite. 15124 - Muxía (A Coruña). Teléfono: 981 72 98 13 - 628 00 00 68. E-mail: info@casadelema.com.
Rexistro: H-CO-002064 - Nº Regasa: 9801.10067/C| Aviso legal