Dispoñemos de 6 habitacións exclusivas con nomes e personalidades propias, deseñadas para crear un espazo de elegancia e confort, ideais para desconectar e desfrutar do descanso.
- Suite De Luxe: unha habitación de 40 m situada nunha pequena casiña de pedra ao fondo do xardín, perfectamente illada e insonorizada, con terraza exterior privada. A nosa suite dispón dun jacuzzi de dúas prazas, chorros de auga e aire, cromoterapia, ducha efecto fervenza, neveira, máquina de café, teléfono, butacas de deseño e cama extragrande de 2x2 m.
- Suite Vintage "Julieta": Esta Suite de decoración Vintage situada nunha casiña de pedra individual con acceso ao xardín , está ambientada na película de Pedro Almodóvar “JULIETA”, rodada en Muxía. Esta habitación de 40m2 dispón de baño con ducha hidromasaxe, cheminea de leña, jacuzzi con hidromasaxe lumbar, lateral e cromoterapia, cama extra grande de 2mx2m, ventá dixital no teito con mando a distancia, neveira, máquina de café, secador, wifi, tv 40” e terraza exterior.
- Habitación “Cuño”: habitación dobre superior situada no primeiro andar. Con muros antigos de pedra, decoración vintage de estilo inglés e butacas de deseño, neveira, máquina de café, baño con bañeira de hidromasaxe (con chorros de auga e aire e cromoterapia) e balcón con vistas ao xardín.
- Habitación “Touriñán”: habitación dobre estándar situada no primeiro andar. Con muros antigos de pedra e baño privado.
- Habitación “Lourido”: habitación dobre estándar situada no primeiro andar. Con muros antigos de pedra e baño privado.
- Habitación “Nemiña”: habitación situada na planta baixa. Con decoración romántica, coroa dourada con velo, bañeira isabelina na habitación e baño con bañeira.
Todas as nosas habitacións dispoñen de baño, secador de pelo, teléfono, televisión de pantalla plana e ventá ao exterior, contan cunha decoración personalizada e levan incluído un detalle de benvida gratuíto.